Entradas para Os nomes íntimos, de Lucía Aldao e Samuel Merino
- Fechamiércoles 14 de octubre de 2026
- Hora11:00 h
- UbicaciónAuditorio Edificio Multiusos, Santa Comba
- Plataformaentradium.com
Os nomes íntimos é un proxecto de Lucía Aldao e Samuel Merino onde conflúen a palabra, a música e a intimidade para falar en voz alta das cousas que importan.Os nomes íntimos son aqueles que nos interpelan e que, por veces, portamos involuntariamente e en silencio.
Nomes que, non sendo nós, condicionaron tantas veces o noso espazo e o noso tempo vital, facéndonos demasiado visibles e, por contra, case transparentes.Que nome ten a túa identidade?
Como te chamaban antes de saber quen eras? "Os nomes íntimos" é a nova proposta de Lucía Aldao e Samuel Merino, un encontro de poesía escénica e música que foxe de calquera distancia para abrazar a autenticidade.
Cun formato de proximidade e complicidade, Samuel e Lucía comparten as súas propias feridas e vitorias para convidar ás persoas asistentes a un diálogo aberto.
Falarán dos nomes que portamos en silencio, dos alcumes que nos deron as nosas amizades e de como a palabra pode transformar a vella vergoña en nova fachenda.
Unha experiencia emocional e vibrante que combina o humor coa reflexión profunda sobre a saúde mental e o dereito a ser. "Os nomes íntimos" é unha celebración do común, unha oportunidade para escoitar, participar e, sobre todo, recoñecernos nos nomes que nos interpelan desde o cariño e a liberdade.
Unha aposta segura para programadores que buscan contido social con alma e calidade artística.Os seus nomes propios son Lucía Aldao e Samuel Merino.Lucía Aldao é unha poeta e música da Coruña que leva máis de media vida recitando e cantando nos escenarios máis variados.
Poesía escénica para todos os públicos, música, humor e animación cultural son as súas principais ocupacións profesionais.
Lidera a banda PAVA, coa que obtivo en 2024 o Premio Martín Códax ao mellor proxecto de pop/indie.Samuel Merino é un creador multidisciplinar de Mos (Pontevedra) que desenvolve o seu labor arredor dunha poética que leveda na súa formación filosófica e a súa experiencia no eido das artes escénicas.
Santa Comba
Comprueba dirección exacta, accesos y horarios en la plataforma antes de comprar.
Abrir mapaElige la experiencia que va contigo
Acceso estándar al evento y zonas habilitadas.
Disponibilidad Alta Precio desde Consultar SeleccionarMejor ubicación, accesos preferentes o ventajas según disponibilidad.
Disponibilidad Media Precio desde Consultar SeleccionarZona preferente sujeta a disponibilidad de la plataforma.
Disponibilidad Baja Precio desde Consultar SeleccionarRevisa edad mínima, horarios y normas de acceso en la plataforma.
La compra y entrega se gestionan directamente con el vendedor.
Las políticas dependen de cada plataforma y organizador.
Consulta restricciones oficiales antes de asistir.